Guillán: Unha vitoria ante O Esteo daríanos moita vida
Mañá sábado ás 18:00 h. no pavillón do Ventorrillo, o equipo do Ventorrillo FS disputará a sexta xornada de liga da segunda división B, grupo I, sendo o seu rival O Esteo FS das Pontes, que conta nas súas filas co ex-xogador/adestrador do Vento FS, Martín, toda unha institución no club coruñés e que de seguro recibirá un caluroso recibimento na que é a súa casa. David Guillán, ala do equipo coruñes, valora así o encontro de mañá: " Queremos conseguir e celebrar a primeira vitoria da tempada diante da nosa afección, saíndo a lume de biqueira desde o primeiro minuto e aínda que sabemos que enfronte imos atopar cun bo equipo, creo que nós temos moitas cualidades para metelos en problemas e levarnos o partido, moi importante para nós porque unha vitoria daríanos moita vida e permitiríanos respirar e coller confianza para saír dos postos baixos da táboa".
Por outra banda, o Ventorrillo-Teixeiro FS, líder en solitario da Primeira Galicia, Grupo Lugo, enfrontarase ás 17:00 h. ao Cubelas, quinto clasificado da competición a tres puntos de distancia dos de Pili Neira.

_____________________________________________________________________________
Guillán: Una victoria ante O Esteo nos daría mucha vida.
Mañana sábado a las 18:00 h. en el pabellón del Ventorrillo, el equipo del Ventorrillo FS disputará la sexta jornada de liga de la segunda división B, grupo I, siendo su rival O Esteo FS de As Pontes, que cuenta en sus filas con el ex-jugador/entrenador del Vento FS, Martín, toda una institución en el club coruñés y que a buen seguro recibirá un caluroso recibimiento en la que es su casa. David Guillán, ala del equipo coruñes, valora así el encuentro de mañana: " Queremos conseguir y celebrar la primera victoria de la temporada delante de nuestra afición, saliendo a tope desde el primer minuto y aunque sabemos que enfrente nos vamos a encontrar con un buen equipo, creo que nosotros tenemos muchas cualidades para meterlos en problemas y llevarnos el partido, muy importante para nosotros porque una victoria nos daría mucha vida y nos permitiría respirar y coger confianza para salir de los puestos bajos de la tabla".
Por otra parte, el Ventorrillo-Teixeiro FS, líder en solitario de la Primera Galicia, Grupo Lugo, se enfrentará a las 17:00 h. al Cubelas, quinto clasificado de la competición a tres puntos de distancia de los de Pili Neira.